lunes, 10 de octubre de 2011

ATURUXOS BÓLA EXTRA: O REGRESO

Logo dunhas máis que merecidas vacacións, o equipo do "Aturuxos Bóla extra" volta a Ràdio Ciutat Vella. Será hoxe luns ás 20 h. 

Idea renovada e novas seccións onde o humor será o protagonista de todas elas. E como fichaxe estrela o "retranqueiro mediático" Alfonso Tellado, máis coñecido como Alfonso Alfonso.

Non perdades a oportunidade de pasar un bo rato nas noites dos luns e de participar no facebook e Twitter colaborando coas vosas suxestións e/ou chistes sobre a actualidade. A audiencia conta e cada vez máis. 

Participade e promocionade o programa entre os vosos amig@s, cantos máis sexamos máis riremos !!

Non faltedes á cita semanal do ATURUXOS BÓLA EXTRA, todos os luns de 20 a 21.30 h. en RÁDIO CIUTAT VELLA, no 100.5 da FM para os clásicos e na www.radiociutatvella.es para os modernos. Busca tamén os perfís do programa en FACEBOOK e mais en TWITTER


Máis info sobre a estructura e contidos do programa en: cadernos de comunicación.

Pensamos en ti, pensa ti tamén en nós !!

No hay comentarios: