viernes, 8 de julio de 2011

SESTA RURAL

A fotografía non é o meu, recoñézoo. E iso que se está poñendo de moda. Ultimamente haiche moito "motivado" do noso Señor polo mundo adiante... Refírome a eses amateurs que mercan unha boa cámara, fan algún curso con fotógrafos coñecidos e montan o seu escaparate nun blogue, no flickr ou en panoramio. Moi biennnnnn
Eu confórmome con levar unha cámara corrente e de cando en vez dispararlle a cousas curiosas, desprendan ou non sensibilidade. O meu criterio é o "non criterio" e xa está. 
Nesta ocasión, camiñando polo Caurel, atopei un paisano botando unha soneca (sesta lixeira ou "cabezadita" en castelán) enriba dun bloque de cemento, un saco de esparto e uns garabullos. Pareceume tan enxebre a situación que decidín facerlle un "roubado". Ata saín eu na foto... e sen querer!!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Foto curiosa, si señor. A sombra dálle un toque "moi profesional"... he,he,he

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dijo...

Ben pola soneca, ben pola foto e ben pola entrada... unha aperta e bo fin de semana.

Eduard a 39º 51' 14.57" N - 4º 12' 09.35" E dijo...

Mira esta que fixo un amigo de meu pai mentres facía o Camiño: http://ves.cat/aMJg

Saúde!

Xosé Manuel Fdez dijo...

Moi boa, si señor. Outro bo roubado!! As sestas improvisadas dos paisanos do rural dan moita envexa.