martes, 15 de marzo de 2011

VIVA A REUTILIZACIÓN !!

Boas tardes amig@s!!
Por fin esta agardada e desexada sección de curiosidades ten outra perla; perla que penso foi xa difundida nalgún medio de comunicación como parte da súa sección "chapuzas gallegas del 2010".
Como podedes ver, os asentos vellos dunha furgoneta e dun autobús fan o seu servizo baixo o corredor dunha casa e nunha encrucillada de camiños. Parada de bus improvisada? lugar de reunión para que os veciños tomen o sol e boten uns contos? O caso é que esta curiosa "área de descanso" atópase nunha aldea da Pobra do Brollón que se chama "Estación". A aldea leva este nome porque a parada de tren da Pobra está neste núcleo rural do concello. De camiño a Salcedo para ver e vivir as "troupelías" do Oso neste entroido 2011 non puiden resistir a tentación de parar o coche e tirarlle unha foto a tan curiosa estampa nacional popular. O galego aproveita todo, e en tempos de crise aínda máis. Mellor poñer os asentos aí e darlle uso que tiralos no medio do monte, non vos parece? Viva a reutilización, carallo !! 

4 comentarios:

Eduard a 39º 51' 14.57" N - 4º 12' 09.35" E dijo...

O resto dos asentos están no campo da festa de Cereixa! Foron ben repartidos entre a veciñanza... :)

Xosé Manuel Fdez dijo...

Ostia! Pois haberá que ir alá sacar outra foto.
Gzs pola aportación,Eduard.

Unknown dijo...

Eu teño un caso boísimo preto do meu pobo. Tentarei sacarlle unha foto cando vaia;)

Anónimo dijo...

Mirade esto:

www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/03/17/00031300376612307359985.htm