miércoles, 15 de diciembre de 2010

PROHÍBIDAS AS MIRADAS "PENEtrantes"

A cabeza non para!

E non son eu o máis indicado para criticar este tipo de cousas porque exerzo con dedicación o arte de xogar coas palabras e padezo o síndrome obsesivo de intentar riparlle unha graza a todo o que escoito e/ou leo. Para uns é cousa de frikis e xente con moito tempo libre e para outros é cousa de "rápidos de-mentes".

Nesta foto, recollida nunha parede de Monforte de Lemos para subir a hermanager, queda patente a obsesión comentada por facer a coña a calquera prezo.


Como diría miña nai: "Ao rapaz debeulle quedar a cabeza descansada". 

1 comentario:

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dijo...

Pois no sei eu que clase de complexo levou ó autor da enmenda a correxir a frase orixinal e sustituila por unha tan persoal pois non sei que hai de malo en que alguén se fixe nesa parte tan oculta da nosa fisonomía.

Eu apostaría por pensar que minte, que nalgún momento ha desexar que alguén se fixe no seu pene... ou no que teña no seu lugar.