jueves, 4 de noviembre de 2010

VISITA PAPAL A STGO E BCN

Como podedes comprobar, a oposición cívica á visita do Papa non se fixo esperar por terras galegas e terras catalanas.
A imaxe superior corresponde a un modelo de bandeirolas que meses atrás comezaron a verse nos corredores e fiestras de moitas casas de Compostela, mentres que a imaxe inferior corresponde a outra bandeirola que está a ser distribuída por Barcelona. Trátase de dúas iniciativas cidadás que denuncian o soporte mediático e os fastos vaticanos que comporta unha visita como esta para un Estado que se define como laico.
A maquinaria do "merchandising" xa comezou a correr. Primeiro apareceron as bandeirolas galegas "Eu nom te espero" e agora, por Barcelona xa se venden como churros, bandeirolas, autocolantes e camisolas co lema "Jo no t'espero!"... Lembrádesvos de "Nunca Máis" e de "No a la guerra"? Pois máis do mesmo, un novo motivo para amosar o inconformismo diante das inxusticias e da hipocresía xeral...

A verdade é que este "paseo Papal" vainos saír moi caro a tod@s. Moitos millóns de euros para financiar unha suposta "visita relixiosa" que conta co soporte convencido das institucións políticas. Por que non paga o custe total da visita a propia Igrexa? Ademáis, por que carallo temos que adorar a unha Institución cada día máis hipócrita que oculta a pederastia entre os seus e que non apoia o uso do preservativo? 

Así e todo fago unha reflexión final que me deixa máis tranquilo, relaxado e satisfeito. O goberno galego e catalán xa deixaron dito que a visita de Benedicto XVI deixará beneficios económicos para as respectivas comunidades autónomas e por outro lado vexo que os movementos de protesta tamén se están financiando coa boa venda do material "Anti-Papa". Uns "a Deus rogando", outros "co mazo dando"... e tod@s tan contentos, non vos parece?

1 comentario:

Anónimo dijo...

Eu serei malo pero o PAPA e os curas tampouco son santos precisamente...