lunes, 8 de noviembre de 2010

LONGA VIDA AO BOTELLÓN!!

Ola amig@s!
Moito criticar ao botellón, esa manifestación de rebeldía e socialización libre da mocidade que ten como nexo de unión o alcol, para despois fomentalo dende os grandes hipermercados e algunhas marcas de bebidas alcólicas.  Velaquí unha oferta comercial que atopei nun deses folletos que nos chegan a diario ás caixas de correo (particular e/ou comunitarias). Curiosa, non?
E penso eu, para que andar con eufemismos e facer apoloxía do borrachismo de xeito encuberto... Falen claro, poñan vostedes xa directamente PACK BOTELLÓN e punto. Xa o estou vendo: "Pack botellón, para la fiesta y el fiestón". Non se corten. Ah, que non se pode. Xa, xa. Non se pode facer publicidade que incite ao consumo de alcol... Vaia!!
Por un lado "Consuma con moderación, es su responsabilidad" e por outro "Plan B, con su botella de Ballantines, una cocacola de 2 L". Ánimo! A beber que sae barato!!
O caso é vender, e se agora hai aumento de consumo alcólico a través de supermercados e tendas de alimentación en xeral pois haberá que promocionalo por esa vía. 
Longa vida ao botellón!!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

"Pack botellón, para la fiesta y el fiestón"?! Un pouco floxo... Mellor "Pack botellón, pilla el pedo, campeón!!" :P

Xosé Manuel Fdez dijo...

Tamén tes razón. Como se nota que non me emborracho no botellón ;-)