jueves, 11 de noviembre de 2010

GOSTO DO MAGOSTO

Ola amig@s!
"Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto". Así reza un refrán ripado da sabiduría popular que nos convida a disfrutar por estas datas do froito outonal por excelencia e do viño novo xa listo para ser degustado. E na exaltación da castaña asada, bulló ou bullote non hai como festexalo en compañía, arredor do lume, vendo como estas se van tiznando e como de cando en vez algunha se inmola estoupando diante dos presentes. As faragullas esparexidas arredor deixarán constancia do fatal desenlace. Mira que teño visto métodos e artellos para asar castañas: o tixolo ou cacho, o tambor (incluso un tambor de lavadora), a tixola, o forno da cociña, na propia chapa da cociña económica, o microondas, etc. Mais velaquí un novo método, castañas asadas nun orinal. Impresionante!! Se é que o galego sempre levou nos xenes o instinto da "reutilización", a motivación do "impósibol is názing" e a filosofía do "vale ben así". E se hai algún tiquismiquis arredor, espétaselle un "pois se non che gustan así non as comas" e listo!!
Nin a Mac Giver se lle houbera ocurrido unha solución así para facer un magosto improvisado, estou convencido. Unha estampa máis do país que somos, e a quen non lle guste que non mire...



3 comentarios:

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dijo...

Calquera sitio é bo para asar castañas, ¿non?
A ver, entendo que a sala Ya lo sabes está en Barcelona, corríxeme si non é así.

Xosé Manuel Fdez dijo...

OK a sala da que falamos está en Barcelona. Para xaneiro virá por Galicia. A ver se hai posibilidade na Rúa ou no Barco.

Saúdos.

Unknown dijo...

Que vivan os magostos e as castañassssss!!Que boas están, asadiñas no forno da cociña!!Aínda que..."a falta de pan, faragullas van", e serve un orinal, jajaja. Douche toda a razón no de : "ó que non lle guste que non mire". Bicos coruñesessss