lunes, 22 de noviembre de 2010

COIDADIÑO COMIGO!!

Aaaaatráaaaaasssss !!
Como está o persoal ultimamente, como para levarlle a contraria a segundo quen... Xa vedes que "vado made in feito na casa" se marcou o artista e /ou propietario do camión. 

Como para descoidar o coche diante desta porta aínda que sexa por uns minutos. Medomedá!! 
Estase perdendo o humor e a retranca en favor da crespación, do mal rollo e da violencia. Que será o seguinte? Ameazar de morte: "Como aparques te mato"? 
Non chegaba con poñer: "Salida de camión, no me atranques el portón" (correcta e con rima), "salida de camión, si aparcas me jodes un montón" (versión cursi) ou incluso "salida de camión, no aparques, cabrón!!" (directa e faltona).
Unha de dúas, ou o fulano é un túzaro de moito coidado ou está xa ata os collóns de ver como lle atrancan a saída do aparcamento. Neste caso entendería o seu malestar e que optara por esa fórmula que aconsella o refraneiro: "O medo garda a viña". O emprego do medo sempre funciona, é o combustible do poder e da autoridade. Intimida, que algo queda...

4 comentarios:

Ampe dijo...

mólame o de "pincho ruedas" en letra pequena, jajajaja

Bertis dijo...

Non é moi ético pero non se pode dicir que non intimida, jajaja(Case tanto coma os "gorrillas"dos aparcadoiros), jajaja.

Logio dijo...

Olliño ó piolliño...

Anónimo dijo...

"Vado retro Satanás" !!