jueves, 21 de octubre de 2010

MEXAR SI, PERO SEN MOLESTAR

Xa tiña ganas de atopar unha boa "perla" para incluír no blog. E velaquí que a atopei. Foi á entrada de Lalín nunha desas fontes que hai nas estradas e nas que sempre atopas a alguén. Supoño que pasa algo semellante ao que sucede cos restaurantes de estrada, se vés alí moitos coches e sobretodo camioneiros aparcados é sinal de que se come ben. Pois coas fontes debe pasar o mesmo; se hai xente alí sempre tede por seguro que a auga é boa ou incluso milagreira.
Pois ben, o pasado sábado, indo en coche camiño de Anguieiros (Quiroga) pasaba eu por Lalín e aproveitei para hidratarme un pouco neste manancial. E velaquí o simpático descubrimento. Un sinal "made in Galiza" de prohibición que destacaba por enriba da devandita fonte advertindo que non se podía mexar nun tramo de 50 metros a ambos lados da mesma. Supoño que se alguén puxo o sinal é porque máis dun incivilizad@ ten feito augas menores no lugar. Vaia por Diosss, mexar nas fontes... FEO, MOI FEO. Hai que ser porco para mexar nunha fonte pública, como se non houbese monte dabondo no país para botar a caralla de paseo, mecagoendior!! Había que coller a algún deses túzaros no allo e meterlle un bo mangueirazo de auga a presión na entreperna a ver se así aprendía, carallo!! Respetade as fontes e mexade nas cunetas, por Diosss volo pido...

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Mexeime coa risa, ja,ja,ja...

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dijo...

Parece mentira que teñan que reconrdalo así, pero é o que hai...