martes, 21 de septiembre de 2010

PUBLICIDADE QUE IMPACTA

Bo día a tod@s!
Que tempos aqueles nos que despois de abrir a túa primeira conta de correo esperabas con ilusión a que entrara algún e.mail. "Mira, mira, teño dous e.mails, quen me escribiría?".
Agora pasa o contrario, abres a caixa do correo electrónico e atópala ateigada. Ateigada de publicidade, de power points, de e.mails con ligazóns para consultar artigos ou noticias, e.mails para apoiar causas perdidas, de avisos de notas no facebook, de actualizacións de blogs...
Éeeeeeeche unha couuuuuuusa !!
Para volverse tolo de vez. Dior Mío que estresssss....
Daquela, o primeiro que fas é peneirar e librar a túa caixa de correo de todo o que ti entendes como superficial e cansino. Eliminar, eliminar, eliminar... Valeirar papeleira de reciclaxe? SI. Está seguro? Que si ho!!
E despois dos dez minutos de rigor xa só che queda o realmente importante. Os e.mails de fotos dos amig@s os e.mails de tías despampanantes, os e.mails íntimos e persoais, e (se fose o caso) os e.mails de traballo.
Ás veces fas excepcións con algún "power point de marras", como foi o meu caso no día de hoxe, e decides miralo con certa atención, parándote, dedicándolle un extra do teu tempo. E valeu a pena porque atopei uns carteis de publicidade concienciadora moi, moi creativos. Eran un pouco "violentos" pero penso que ás veces cómpre meter un chisco de medo para espelir as nosas inmunizadas alertas do risco. Velaquí, pois, un deses cartaces.
E a vós, góstavos a publicidade concienciadora tan agresiva?

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Sí, supoño que para concienciar as pedras que temos por corazóns, haberá que ser agresivo!

Anónimo dijo...

Actualmente, quen se supón que 'triunfa' na vida? Os agresivos. E a publicidade non pode ser menos.