miércoles, 11 de agosto de 2010

EXPOSICIÓN DE HUMOR GRÁFICO EN QUIROGA

Boas,
Velaquí a primeira instantánea que teño da inauguración dunha marabillosa exposición de humor gráfico que teño en Quiroga. Foi unha recepción en "petit comité" pero chegou ben pois alí estivo presente xente á que aprecio moito e fíxome moita ilusión poder compartir con eles a presentación da mostra e un viño mencía das Terras de Quiroga, colleita persoal do amigo Barucho.
Como podedes comprobar, unha fotógrafa afeccionada de Monforte inmortalizou un momento deses que poucos fotógrafos que se din profesionais son quen de captar. Refírome a ese momento no que o Alcalde de Quiroga queda hipnotizado polo verbo fácil do propio artista, mentres este lle levanta o queixo para que o fotógrafo do xornal O Sil poda coller o seu mellor perfil. Hai quen di que o Sr. Julio Álvarez estaba a durmir por mor da miña soporífera retórica, hipótese esta que eu non comparto de ningunha maneira. E xa postos a especular houbo incluso quen dixo que o Alcalde anda moi canso estos días pois entre trasnoitar e atender os "numerosos compromisos institucionais" (Festas de Verán, Mostra do Mel, Festas das aldeas, encontros culturais, etc) non dá feito. En calquera caso, quen de nós non saiu algunha vez nas fotos cos ollos pechados?

Moito nos gosta criticar...


museoetnograficodequiroga.blogspot.com/2010/07/sala-de-exposicions-temporais.html


3 comentarios:

Virginia ;) dijo...

jajajajajaja opto pola derradeira opción, ninguén dubida do engaiolante da túa retórica ante semellante discurso xDD APLAUSOS.unha bágoa non poder asistir...

Silvio Falcón dijo...

Parabéns pola exposición, Xosé Manuel!

Unha grande aperta dende Barcelona!

xosé manuel dijo...

Boas!
Xa recollín a exposición de Quiroga. Moitas grazas a tod@s polo apoio e polas anotacións de ánimo que deixastes no libro de visitas.