lunes, 5 de julio de 2010

NOVO SINAL DE TRÁFICO EN GALIZA

Boas noites a tod@s!
Estaba revisando carpetas de fotos no ordeador... Por certo, como cambia todo e a que velocidade, non? Que tempos aqueles nos que a xente te convidaba a tomar café e che ensinaba os albumes de fotos da familia, das viaxes, daqueles marabillosos anos... ou cando o amig@ de turno che pasaba copia das fotos daquela viaxe, cea, excursión ou noite de marcha en papel ou incluso nun cd. Aquelas copias que chegaban por carta con comentarios graciosos e personalizados... Eran auténticos agasallos que requerían certa dedicación extra (revelar as fotos, facer as copias, mandalas por correo...).
Pero ben, agora todo é moito máis sinxelo e rápido, aquelo pasou á historia, hoxe vemos as fotos recén sacadas e despois ás poucas horas xa están no noso correo electrónico ou no facebook e se queremos pasalas quedamos con alguén e pasámosllas nun pen; doado, rápido e ipsofacto. A cultura "do instantáneo", disfrute inmediato e amorear experiencias de xeito acelerado... "que se nos va el Planeta en vida!"
É o que hai, non podemos parar o tempo, nin a evolución nin as tecnoloxías... e malas tampouco son, ho! O que pasa é que ás veces non temos nin tempo para dixerir as experiencias e as emocións vividas, penso que nos fai falta un pouco de "slowling", ou incluso un pouco de "Só!" como reza no sinal tuneado atopado por Terras de Lourenzá. Pararse, facer un alto no camiño, paladear a vida e apreciar as sensacións cun pouco de calma. Que carca ou que romántico! pensaredes moit@s de vós. E tedes razón pero eu tampouco estou equivocado.
Volvendo ao comezo do post, post iso, que atopei esta curiosa foto real (non está manipulada polo "fotosó", je,je,je) mirando nos "albumes virtuais" que gardo en diferentes carpetas do meu PC, concretamente na carpeta "PERLAS" e pensei que merecía un lugar neste blog.
Galicia is diferent e as cabezas moito traballan, neste tuneado artístico queda patente unha vez máis!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Podes poñer a foto na páxina que ten a Voz de Galicia de frikadas do país.