miércoles, 16 de junio de 2010

POOOOODEEEEEMOSSSSS ??

Tela, tela, tela...

Todo o país pendente do primeiro partido da Selección, sen lembrarse para nada do que nos vai caer enriba coa reforma laboral, e total para que?
Para levar outra decepción, como case sempre!!

A afección está debezosa por ver ganar o Mundial á Selección, sobretodo polas elevadas doses de euforia que os medios están inxectando en vea... Para unha crise histórica e un Goberno histérico sería o momento oportuno para celebrar o triunfo final do combinado nacional neste Mundial pois relaxaría por un tempo a tensión xeralizada e axudaría a cohesionar o orgullo patrio, que nunca está demáis pensarán moitos...

Esto só acaba de empezar pero xa haberá leria ata o segundo partido, leria mediática que, como sempre, rescatará o derrotismo de moitos opinadores latricantes. España afrontaba o comezo deste Mundial "sacando peito" e rematou o primeiro partido "baixando a cabeza". Un caldeiro de auga fría para baixar os fumes e para que tod@s poñan de novo os pes no chan. Este primeiro aviso fará reflexionar e aguilloará os ánimos para os vindeiros partidos e xa se verá se PODEMOS! ou PODEMOS voltar en cuartos...

En calquera caso, e se non se gana o Mundial espero que a prima que ían recibir os xogadores se destine a fines benéficos para xente necesitada, e non necesariamente de éxitos da Selección...
Un pouco inxénuo esto último, verdade?

1 comentario:

Anónimo dijo...

Que espabilen, carallo!!