martes, 1 de junio de 2010

CASO VERÍDICO

Anécdota curiosa, curiosa.
Nunha das miñas visitas ao barrio do Raval, en Barcelona, atopei este bar con este curioso nome: Bar LLEGO. O primeiro que pensei aplicando o sentido común foi que o propietario do negocio estaba a empregar a primeira persoa do presente do verbo "llegar". Bastante lóxico o meu razonamento, non si?
Pois non, estaba trabucado na miña apreciación e foi o meu amigo Xosé Mari quen mo fixo saber. E cando Xosé Mari fai algún comentario sobre a historia de Barcelona e os seus barrios hai que escoitalo e darlle credibilidade pois leva máis de 40 anos ruando pola cidade condal e amoreando anécdotas do máis variopinto. Case todo o sabe e onde non chega manda recado... Se paseas con el polas ramblas descubrirás que é máis coñecido que a propia Fonte de Canaletas, podería chegar a calquera punto da cidade cos ollos pechados e calquera cousa ou lugar que atopes ten un sentido e un significado para el. E non esaxero, que conste!
Pois ben, o oráculo Xosé Mari, explicoume a verdadeira orixe do nome deste Bar. Seica antes se chamaba Bar Gallego e despois dalgún acto bandálico ou por falta de mantenemento e/ou mala conservación perdéronse as letras Ga. Así as cousas, cando chegou o novo propietario, que non se rompe tanto a cabeza como a rompo eu, pensou que Llego era o nome orixinal do bar e así o deixou... Sen máis.
Curioso, curioso. Verdade?

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ironías de la vida...