lunes, 7 de junio de 2010

A CALQUERA COUSA LLE CHAMAN XA MASCOTA...

Manda carallo!
Aquí tedes unha mascota de recente creación, chámase Xubi e os seus creadores non queren que sexa un boneco máis, queren que sexa a mascota do Camiño.
Atrásssss!!
Así se presenta na súa páxina web (www.xubi.es): "Soy Xubi y me encanta estar con la gente que viene a Santiago. Dicen que tengo un carácter alegre y solidario...
Mi nombre, Xubi, viene de júbilo, porque esta alegría tan grande es la que sienten todos los que llegan a Santiago.
Mi aspecto es el resultado de la confluencia de dos elementos que más caracterizan a los heroicos peregrinos históricos a Santiago: el bastón y la calabaza. Con el bastón se ayudaban y protegían durante el camino y con la calabaza el peregrino antiguo saciaba su sed y se reconfortaba".

Que entrañable, que emotivo, que sensible, que happy... Non se pode ser máis ñoño, verdade? E que me dicides do deseño? Seica temos un Mariscal por estos lares e non me dera conta... Non sei vós pero eu miro para esta mascota e paréceme o resultado de cruzar Naranjito, unha pera e un adorno da árbore de Nadal. E para remate con chirucas... Jasússss !!
Disque o deseñador Alberte Permuy inspirouse no bastón e na cabaza (símbolos do peregrino) para fusionalos e parir esta mascota, bueno, máis que parir abortar diría eu...
Mira que me facía mal aos ollos o Pelegrín do 1993, aquela mascota abstracta que tanto deu que falar, pero se a comparo con esta paréceme xenial e marabillosa.
Acabarame gostando este becho raro? Xubi, xubá, cada día te quiero más!!
E vós que opinades? Góstavos?

4 comentarios:

Eduard a 39º 51' 14.57" N - 4º 12' 09.35" E dijo...

Si, si... o deseñador debeu queimar as pestañas pensando no Xubi. Eu véxolle forma de ambientador de frigorífico, co gancho para penduralo do andel dos queixos, e por riba coas cores do pepé.

Anabel dijo...

manda carallo!!! no traballo comentamos a mascota todos estamos dacordo e "naranjito" en versión arco iris, seica queren atraer o público gay a facer o camiño?

Anónimo dijo...

Unha cutrada!! Como alguén dixo por aí, semella un teletubbie descolorido...

Silvio Falcón dijo...

É un pokemon!! Que trema pikachu!