jueves, 13 de mayo de 2010

AVISO PARA LADRÓNS

Non sei onde imos chegar con tanto "merme"...
Primeiro era unha desaceleración económica, despois un coiuntural axuste económico desfavorábel, máis tarde recoñecíase a crise pero como consecuencia do efecto dominó da economía global, un tempo despois resulta que Grecia está na bancarrota pero España aínda lle pode pagar unhas rondas, será por cartos...
Pero ao final... como ben di o refrán, "de diñeiro e de bondade a metade da metade". Zapatero quedou sen argumentos; seica se ve xa o fondo da artesa, non hai pan para todos e a xente non cre no milagre da multiplicación. "Donde dije digo, digo Diego". Un Presidente "metamorfoseado" que pasou dun tempo a esta parte de Bambi a Lobo Feroz, que perdeu o papel de Robin Hood en favor de Ruselle Crowe e que como amante canalla fíxonos crer que eramos o máis importante do mundo para despois mandarnos á merda... Viu que a varita máxica non funcionou para solucionar esta crise e non lle quedou outra que sacar a tesoira. Del Bosque xa conta con el para xogar na selección pois ten moi boas cualidades: vaise ben polas bandas, regatea como ninguén e sae moi ben ao corte...
Para facernos unha idea do mal que está a cousa non hai máis que ver a advertencia da foto. Avisados quedan os ladróns de que neste quiosco non hai nin cartos nin tabaco e que só atoparán facturas por pagar. Zapatero xa reparou na idea e vaille poñer un cartel semellante a España: "Ladróns do mundo: non perdan o tempo vindo aquí roubar porque os ladróns de aquí xa roubaron o que poideron e neste momento o único que nos sobra son facturas".

De interese:

http://blogs.publico.es/dominiopublico/2013/lo-que-no-se-dice-de-la-crisis/

http://www.lapaginadefinitiva.com/2010/05/12/brotes-verdes-luz-al-final-del-tunel-%C2%A1ya-salimos-de-la-crisis-%C2%A1el-pib-sube/

http://www.lapaginadefinitiva.com/2010/05/14/recortes-sociales-de-entrada-no/




1 comentario:

Anónimo dijo...

As ligazóns parecéronme moi interesantes.