martes, 20 de abril de 2010

UN MAL DÍA TENO CALQUERA...

Ese día no que a conexión vai máis lenta que o cabalo do malo e semella que estés só no mundo, ese día no que che entra un virus e afecta seriamente ao teu sistema operativo, ese día no que non te agrega ninguén ao facebook e te sintes peor que Calimero cando se enterou que Coren secuestrara á súa nai, ese día no que esperas e.mails que che alegren a vida e só chega SPAM á túa caixa do correo, ese día no que intentas eliminar todo o lixo emocional da túa papeleira de reciclaxe e un erro no sistema non cho permite, ese día no que te decatas que tes moitos programas como ilusión 2.0, esperanza 1.0, optimismo 2.0 ou dinamismo 1.0, desactualizados e tes que incorporar as versións máis recentes dos mesmos para mellorar as prestacións do teu PCerebral...
... e para rematar o día SO FALTABA QUE PERDESE O BARÇA CO INTER!!

No hay comentarios: