miércoles, 27 de enero de 2010

XA QUEDA MENOS PARA O ENTROIDO !!

Ola amig@s!!

Xa comeza a conta atrás para o esperado Entroido ou Antroido segundo prefirades. Eu no seu día fixen o chiste malo seguinte: En Galicia, cando empeza o carnaval chámase "ONtroido" e cando remata chámase "ENDtroido"... je,je,je!!
... Avisei que sería malo, que conste. Pero bueno, imos ao que imos, en pouco máis de quince días estaremos de cheo no Entroido e moita xente irá ao triángulo máxico ourensán: Verín-Laza-Xinzo pero tamén a outros lugares da provincia como Viana, Vilariño de Conso, Manzaneda, Sarreaus, Maceda, etc. E nun ano de crise, frío e ameazas lingüísticas hai moitas ganas de ridiculizar a realidade, esbardallar, engodallarse, escarallarse de risa, bailar, deixar que nos ferva o sangue cos praceres telúricos do entroido de Laza, darlle á fariña... Coidado!! Cando digo fariña que non se me malinterprete... ou si, que sempre te atopas de todo. Pois mirade por onde, unha das curiosidades do ano pasado, a foto dun pub de Viana do Bolo, pechado que xa é raro, e cunha nota explícita que reza así "Hai Fariña". A bon emprendedor poucas ideas faltan... Eso si, o nome do local non hai quen o descifre, ou si? Atrevédesvos a dicirme como se chama o pub con "letreiro encriptado"? Ánimo logo e a prepararse para "correr o entroido" a mediados de febreiro. Xa tedes disfraz?

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois imaxina a un arxentino polo entroido de Ourense e pedindo fariña en "A MERCA"...

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dijo...

Xa teño ganas de que chegue.

Non te mates, os amiguetes do facebook non comentan nin de coña... falta de costume.

ismael dijo...

Si home si e o chiricahua de viana ....

jose antonio dijo...

Este é o bar do Güesi en Viana.o Chiricagua.O
Güesi e bon tío llo bar está ben, pero Viana é unha caquiña.Claro e que eu son da Veiga lleso é muy difícil de superar.