martes, 10 de noviembre de 2009

POR QUE NON MO DIS Á CARA?


Boas a tod@s! Canto tempo sen me comentar nada... espero as vosas reaccións.

Que gracia lle terá á xente escribir coa man sobre os vidros ou a chapa luxada dos coches? Artistas da pintada efímera que supoño buscan facer o chiste e sobretodo mofarse do propietario descoidado nas labores de limpeza do seu utilitario.
O caso é que nunca se pilla ao autor no allo, que de pillalo, máis de un ía morder o pó ou polo menos lambelo ben lambido ata que a chapa e os vidros quedasen limpos como unha patena.
Neste caso podemos comprobar como un "pintante do luxo" nos pretende sorprender cunha comparación que, sin ser especialmente sofisticada, ilustra á perfección o descontento sexual que leva na súa vida conxugal.
Que mensaxes como o anterior vos teñen chamado máis a atención? Algún en especial por retranqueiro e/ou faltón?

2 comentarios:

Anónimo dijo...

hai moitos, o clásico é : LÁVAME PORCO

PABLO

Anónimo dijo...

Hola¡
Permiteme presentarme soy tatiana administradora de un directorio de blogs, visité tu blog y está genial, me encantaría contar con tu blog en mi sitio web y así mis visitas puedan visitarlo tambien.
Si estas de acuerdo no dudes en escribirme
Exitos con tu blog.
Un beso
tatiana.
ta.chang@hotmail.com