jueves, 29 de octubre de 2009

CHEGA O SAMAIN ...


A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa en honor dos defuntos, marcando a transición do outono ao inverno. Nesta noite, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade da alma, provintes da noite dos tempos, cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, á intemperie e á tristura dos camposantos, buscou, e encontrou un mecanismo de reparación: preparando alimentos e agasallos os parentes vivos, para os parentes mortos sería posible que as ánimas dos parentes finados voltasen a visitar as súas familias e as súas vellas casas para comer nas mesmas mesas e para quentarse a carón do lume da lareira. Trátase de abrir as portas entre este mundo e o alén, posibilidade de xuntarse cos devanceiros mortos. Baleirade as cabazas e poñédelle candeas. Esta tradición tan antiga do continente europeo e que Galiza conserva (Samain) pasou despois, a finais do século XIX e principios do XX a EE.UU. grazas aos irlandeses. Alí deuse en chamar "HALLOWEEN" (víspera de todos os santos:all hallow's eve).
POIS BEN...
-Feliz noite de "Hallo Queen" para @s amantes deste mítico grupo.

-Feliz noite de "Hallo Green" para tod@s os ecoloxistas.
-Feliz noite de "Ghalo win" para os que chufan de ser líder do ghaliñeiro.
-Feliz noite de "Falo win" para os que presumen de ter un carallo ganador.


En calquera caso, se saides, que non vos den cabazas...

1 comentario:

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dijo...

A fin de contas, bo fin de semana.