jueves, 25 de junio de 2009

QUE VOLVAN AS CARTAS !!

Boas!
Outra perla desas que me gosta compartir con todos vós. Unha pintada a dúas cores, con rotulador, e nunha porta con caixa de correo incorporada. É posible que queden aínda nostálxicos das misivas, do correo convencional, da correspondencia epistolar...? Máis ben semella retranca, non?
A verdade é que hoxendía o teléfono móbil e o e-mail están eclipsando, e de que maneira, ao correo postal de toda a vida. Agora, o normal e que cheguen á nosa caixa de correo facturas e propaganda, e moi residualmente algunha postal ou felicitación de Nadal. Os tempos mudan e a comodidade da chamada de móbil ou o e-mail (que aínda por enriba non ten custo económico) están erradicando o fermosa e detallista costume de escribir cartas. Escritos a man cos que transmitiamos os nosos sentimentos máis íntimos ou nos recreabamos poñendo algunha carallada a xeito de "collage" para provocar o sorriso do receptor... Que tempos aqueles!!
Supoño que non volverán, pero aínda que resulte exótico deberiamos facer caso á "mensaxe" en forma de pintada e escribir-mandar máis cartas. Como ben dixo, penso que José Saramago, unha bágoa nunca mollará un e-mail... Aí queda iso!!

No hay comentarios: