miércoles, 6 de mayo de 2009

PRESENTACIÓN OFICIAL

Ola a tod@s!
Eu son Xosé Manuel, "O Jose" para a familia, "Chose" para os meus amig@s cataláns, "Xoxe" para algún coñecido asturiano, "Xesc Manuel" por algún deses curiosos malentendidos telefónicos cando traballaba en Barcelona, "Xoseman" para motivad@s admiradores e "O Montes" para os amig@s da escola, cando facía a EGB.
Estréome como blogueiro con este escaparate no que me presento como "hermanager" de Alberte Montes, actor e artista en xeral. Neste espazo virtual da rede darei a coñecer os traballos del e doutros artistas que no futuro queiran contar coa miña promoción e "management" como se di agora. Ademáis tamén irei incluindo colaboracións propias de humor e outras caralladas para entreter e facer rir un pouco ao persoal. Espero poder asociarme coa constancia para entre os dous poder manter contidos actuais e interesantes. Toda colaboración será benvida. Gracias!!

No hay comentarios: