lunes, 25 de mayo de 2009

MANDA CARALLO COA CRISE...


Ola a tod@s!
Maio longo, maio longo... Moito nos tarda en chegar o final de mes para poder pagar os recibos, a hipoteca e todos cantos gastos hai. A crise estanos deixando a velas(dúas) vir e a morosidade estase disparando. Mirade se a cousa é seria que agora nos bares de toda a vida xa non abren conta de moroso, e non fían nin aos veciños. Como no chiste:
-Bueno, apúntame catro estrellas e un pancheo de lombo con queixo.
-Aquí non se apunta nada.
-Pois ponme logo outra estrella que imos celebrar a túa boa memoria.
Mirade senon o letreiro que atopei nun bar. Sen comentarios.

1 comentario:

Ampe dijo...

XoseMAN, aínda che queda moito pa alcanzarme no de carteles e pintadas! xa che darei unhas nocións, jeje